O CONCELLO PROGRAMA UNHA CHARLA SOBRE O COIDADO DA SAÚDE MENTAL QUE SE IMPARTIRÁ NO CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
A edil de Benestar Social e Igualdade, María Lorenzo, informou que é preciso inscribirse previamente para poder asistir
Narón, 26 de abril de 2024. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, María Lorenzo, anunciou a próxima celebración, o 11 de maio, do obradoiro “Poñer límites”, unha ferramenta destinada ao coidado da saúde mental. A convocatoria organízase no marco dos Encontros de mulleres e consistirá nunha charla dinámica para a prevención do deterioro da saúde mental.
O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá esta charla, que impartirá a traballadora social e coaching Paula Paz e que dará comezo ás 11:00 horas e rematará sobre as 13:00, segundo as previsións. As persoas interesadas en acudir deberán anotarse escribindo un Whatsapp co seu nome e número de teléfono ao número 644 747 889, tal e como indicou a edil naronesa, que animou a asistir á charla.