cabezallo1
cabezallo4
cabezallo2
cabezallo3

Para xogar e aprender co voso bebé

Esta escolma de recursos está dirixida directamente aos nenas e ás nenas, co apoio da persoa adulta para acompañar as súas primeiras incursións na rede.
  1. Xoga con fervello A través deste grupo de once xogos, o neno ou a nena pode familiarizarse coa lingua galega dun xeito lúdico mentres que tamén vai desenvolvendo outras capacidades (memoria visual, auditiva...).
  2. Cativadas Esta páxina achéganos dunha forma moi pedagóxica e atractiva as primeiras palabras en galego, con varios niveis. Pode supor unha primeira achega ao computador desde unha idade temperá.
  3. A vaca Connie Aquí encontrarás xogos e contos para compartir e aprender os sons dos animais, as primeiras letras, as cores...
  4. O mundo de Milu Portal educativo para os máis pequenos e pequenas da Fundación Meniños.
  5. A orella pendella Esta páxina difunde de xeito eficaz a literatura popular infantil de Galicia e todos os enredos, recitados e cancións que tradicionalmente escoitaban os nenos e nenas galegos.
  6. Asociación Galega do Xogo Patrimonial e Tradicional O patrimonio galego inclúe un gran número de xogos e enredos. Esta páxina recolle e difunde unha boa mostra das actividades lúdicas tradicionais en Galicia.
  7. Contidos educativos Recursos educativos en liña da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Para nais e pais

A través destes enderezos, as persoas adultas do contorno do bebé poden atopar unha importante fonte de recursos (xogos, contos, consellos e claves para favorecer a aprendizaxe do neno ou da nena).
  1. A galiña azul Recursos educativos para a rede de escolas de educación infantil.
  2. Preescolar na casa Este programa de formación de pais e nais ten como fin axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos nenos e das nenas.
  3. Atención temperá Esta páxina representa a asociación AGAT de profesionais que traballan con nenos e nenas con discapacidade. Tamén se pode acceder a outras ligazóns relacionadas coas discapacidade ou a diversidade funcional na infancia.
  4. O galego na familia A páxina de Política Lingüística recolle unha escolma de nomes por se o teu bebé aínda non naceu. Tamén ofrece moitos outros recursos: xogos, consellos, postais, cantos de berce...
  5. Xogos populares Recolle o patrimonio lúdico galego de xogos. Ten un apartado para os recitados.
  6. Kalandraka Para estarmos á última na literatura infantil, podemos consultar as novidades desta editorial.
  7. Oqo Editora Esta editorial dispón dun fermoso catálogo de libros para os máis peques.
  8. Arrorró Este proxecto recolle cantigas de berce gravadas en múltiples linguas, tamén en galego. Ti podes participar!
  9. O ourizo azul Nesta sección, atoparás información sobre algúns títulos que forman parte da historia da literatura infantil.
  10. Cantigadas Este blogue naceu como un proxecto sobre cancións populares con nenos e nenas de educación infantil.
Saúde infantil

Estas páxinas compilan información fundamental sobre a saúde infantil e materna nos primeiros anos do neno ou da nena.
  1. O teu embarazo Esta páxina contén abondosa información sobre os primeiros meses de vida do bebé, alén dunha exhaustiva documentación sobre o proceso da xestación.
  2. Fedelgama Esta federación a prol da lactación materna dispón na súa páxina de varios recursos en relación coa maternidade e a lactación. Ademais, recolle información para contactar con calquera dos grupos de apoio que existen no territorio galego, incluíndo o grupo de Narón BBTA.
  3. A protección da saúde na infancia A través desta ligazón, podemos acceder a unha variada información sobre vacinas, alimentación e prevención de accidentes na infancia.
  4. Saúde materno-infantil Recolle consellos, protocolos e recomendacións para a protección da saúde materno-infantil.
descargas
Medidor

Con este medidor, poderás rexistrar o desenvolvemento do neno ou da nena dunha forma orixinal que permite tamén poñer as súas fotos.
medidor
Triángulo

Desde aquí, podes descargar un divertido triángulo para colocar no teu vehículo e indicar que o bebé vai a bordo.
triángulo
Parabéns! As primeiras palabras Cantigas e Xogos Recursos Deputación da Coruña FEGAMP Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia