Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE 500 ESCOLARES DA CIDADE PRESENTARON HOXE NO PAZO OS SEUS TRABALLOS PARA O "XXXI CERTAME INTERCENTROS-CONCELLO DE NARÓN"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Ensino, Mercedes Taibo, presenciaron as actuacións que se sucederon ao longo da mañá
Narón, 25 de abril de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, presenciaron esta mañá no Pazo as actuacións de alumnado de Infantil e Primaria dos colexios da Solaina, Piñeiros, O Feal e da ESO deste último centro e do IES Terra de Trasancos correspondentes ao “XXXI Certame Intercentros-Concello de Narón”. En total, 477 alumnas e alumnos, acompañados de profesorado, acudiron á convocatoria, que deu comezo ás 10.00 horas e que presentou, ao igual que na xornada do pasado venres –cando acudiron 405 escolares-, alumnado da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón. Nesta ocasión os escolares cantaron varias cancións e nun caso interpretaron un conto dramatizado, afondando nas temáticas medioambientais, na figura de Rosalía de Castro, na historia, na lingua galega e en cancións populares, entre outras. A alcaldesa destacou a calidade dos traballos e o inxenio das alumnas e alumnos nas súas interpretacións, e agradeceu “a implicación nas aulas por parte dos escolares e do profesorado para manter viva esta convocatoria”, ao tempo que felicitou ao CEIP da Solaina como centro organizador e aos alumnos da Escola de Teatro que presentaron o evento e deron paso ás actuacións, entre as que estivo a do Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos. Ademais da modalidade de expresión oral neste certame figuraban outras como as de canción, representación teatral, conto, recitado dun poema e conto dramatizado. A xornada final desta convocatoria, organizada cada ano para ensalzar a celebración do Día das Letras Galegas, terá lugar o día 10 de maio, co acto central do Intercentros, que consistirá na entrega de premios ao alumnado participante no Pazo da Cultura. Así mesmo, dende o Concello recordouse que ata o 11 de maio poden verse no Pazo da Cultura os traballos de murais, contos ilustrados e cómics realizados polos escolares que se presentaron a esta edición do certame.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal