Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ACTUACIÓNS DE ESCOLARES NO PAZO PARA PRESENTAR OS TRABALLOS DA MODALIDADE DE EXPRESIÓN ORAL DO "XXXI CERTAME INTERCENTROS-CONCELLO DE NARÓN"
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, presenciou esta mañá as actuacións dos escolares que se sumaron á convocatoria de hoxe
Narón, 22 de abril de 2022. Escolares de Infantil e Primaria dos colexios da Solaina, Ponte de Xuvia, A Gándara e Virxe do Mar subíronse esta mañá ao escenario do Pazo da Cultura para dar a coñecer as cancións, poesías e representacións teatrais que presentaron ao “XXXI Certame Intercentros-Concello de Narón”. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, presenciou todas as actuacións xunto cos 405 escolares e o profesorado que acudiu a esta convocatoria, presentada por dous alumnos da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón. O ecoloxismo, a reciclaxe, as regueifas, a lingua galega, Rosalía de Castro… foron parte das temáticas abordadas polas rapazas e rapaces nas súas actuacións, ataviados nalgúns casos da indumentaria que complementaba as divertidas interpretacións. “Quero destacar o gran traballo que fixo o alumnado e tamén o profesorado dos centros participantes, xa que son os que manteñen viva ano tras ano esta celebración coa que queremos conmemorar o Día das Letras Galegas e poñer en valor a nosa cultura e a nosa lingua”, asegurou Taibo. A edil naronesa destacou tamén “a excelente coordinación que se leva a cabo este ano dende o CEIP da Solaina” e “a colaboración do alumnado da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón na presentación deste evento e dando paso ás representacións que se sucederon ao longo da mañá”. A xornada rematou coa actuación de Pakolas, que animou aos escolares co espectáculo “Rockeando con Ramona Órbita”. A concelleira de Ensino recordou que o vindeiro luns, día 25, desprazaranse tamén ao Pazo alumnas e alumnos de Infantil, Primaria e da ESO dos centros da Solaina, Piñeiros, O Feal e do IES Terra de Trasancos para dar a coñecer os traballos que presentaron a este certame, donde ademais de expresión oral figuraban as modalidades de canción, representación teatral, conto, recitado dun poema e conto dramatizado. O día 10 de maio terá lugar o acto central do Intercentros, coa entrega de premios no Pazo da Cultura. A convocatoria inclúe ademais unha mostra que se pode ver ata o 11 de maio no Pazo sobre os traballos de murais, contos ilustrados e cómics realizados polos escolares.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal