Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Rutas Turísticas
 
RECANTOS DE NARÓNVolverMapa
Recanto de Narón
Recanto de Narón
Saída: Casa da Cultura
Chegada: Distintos puntos
Lonxitude: de 10 a 15 Km
Duración: de 2 a 4 horas
Interese: Paisaxístico-Etnográfico
Dificultade: Baixa
Esta proposta abrangue unha escolma parcial dos outros oito itinerarios propostos, xa que os recantos de Narón ofrecen a posibilidade de contemplar diversos lugares de grande valor paisaxístico. A súa relación permanente coa natureza é un dos grandes atractivos desta rota, xa que a través da costa, a ría, os montes ou os ríos nos leva por todas as paisaxes do concello.

Algunos lugares de interés:

Pazo-Convento de Baltar: construído como pazo no século XVI por gracia da derradeira marquesa de Lago-San Sadurniño, converteuse en convento cando a nobre llelo doou aos frades claretianos. Da súa data de creación só conserva hoxe en día dous grandes brasóns en cantería esculpida. Dentro deste edificio cómpre destacar outros dous monumentos: a Capela do Sagrado Corazón, que ten un retablo preciosista, e unha fonte de estilo barroco. A última reconstrucción do seu interior data de 1914 e dela temos mostras como as abondosas fiestras cadradas, a balconada ou os canzorros nos tellados.

Castro de Eiravedra:: é o castro prevalente de Narón. Domina a paisaxe e o territorio, desde o val de Pedroso á ría de Xuvia e ata as terras de San Sadurniño. A súa forma é ovalada, cunha muralla no interior e un terraplén cara ao exterior. Neste castro podemos atopar vestixios dalgunha vivenda, tamén de forma circular. Unha mostra da magnitude e a relevancia estratéxica deste asentamento témola nas torres de defensa da entrada nordés e na altura dos valados circundantes.

Monte de Nenos:: o monte de Nenos, na parroquia de Sedes, conserva os vestixios máis antigos do concello, con máis de 3.000 anos de historia. O cemiterio prehistórico ten máis de 17 mámoas catalogadas, unhas das cales é visible desde a pista que percorre a rota.

Muíño de Xuvia:: en 1858 era o principal muíño do país en capacidade de producción na súa clase. Recibía o trigo en barcos do Báltico, de América e de Santander. Pero non acabou aí a súa contribución á economía da zona, e anos máis tarde este muíño fariñeiro chegou a mover unha fábrica de papel, unha de tecidos e unha de laminados de cobre. A posterior perda da súa importancia económica non lle restou nin un ápice da súa beleza, reflectida nunha fermosa presa, recollida por un paseo de magnolios. A poucos metros desta fermosa estampa atópase o desaugadoiro do río Xuvia na ponte dos Andrade, que serve como liña estremeira dos concellos de Narón e Neda.

Presa do Rei:: grandes árbores deitadas sobre a auga e corzos abeberando nas ribeiras do río Xuvia. Xunto a esta paisaxe, a presa ofrece fermosas fervenzas, creadas no discorrer do río Grande cara á ría de Xuvia. A Presa do Rei foi construída en tempos de Afonso XIII, para fornecerlle enerxía á Real Fábrica de moeda de Xuvia, e actualmente é un dous lugares máis emblemáticos para os camiñantes que visitan Narón.

Mosteiro de O Couto:: aínda que non se coñece a súa orixe, nalgúns documentos do século X este mosteiro cluniacense de Xuvia cítase como moi antigo. Xa por esa época era un dos máis importantes da comarca. A edificación do actual mosteiro do Couto é obra de comezos do século XII, mercé a unha dozaón do conde de Traba realizada en 1137. Entre os seus grandes protectores hai que salientar o rei Fernando II de Galicia e León. Xunto ao mosteiro, que está declarado monumento artístico nacional polo Ministerio de Cultura, atópase a igrexa de San Martiño, cunha construcción actual que data do século XII, se ben a súa fachada e a torre son do século XVIII. A igrexa representa un estilo arquitectónico propio dentro do románico galego. Ten tres ábsidas que culminan unha planta basilical de tres naves e unha porta principal con arquivoltas. No seu interior existe unha tumba da familia Esquío e varios cadaleitos de cantería no seu contorno.


VolverMapa


<<< Novembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
 
 
Concello de Narón - Aviso legal