Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Rutas Turísticas
 
RUTA DO RÍO XUVIAVolverMapa
Río Xubia
Río Xubia
Saída: Muíños de Perfecto
Chegada: Ponte de Xuvia
Lonxitude: 9 Km estimados
Duración: 3-4 horas
Interese: Paisaxístico-Arquitectónico-Etnográfico
Dificultade: Baixa
Esta rota, de nove quilómetros de extensión, percorre as ribeiras do Río Xuvia, o principal do concello. É un agradable paseo descendente, entre vizosa vexetación, que chega ata a ría de Xuvia, sorteando muíños e demais construccións e industrias de carácter fluvial (pesqueiras, presas, pontes...), entre as que destaca con nome propio a fábrica de moeda, no interesante núcleo histórico de Xuvia.

Algúns lugares de interese:

Capela de O: nos tempos de seca sacábase a Virxe da O en procesión para conseguir que chovese. Malia que non sempre o deu feito, froito da forte devoción popular construíuse esta sínxela capela na súa honra e creouse a romaxe que aínda se mantén nos nosos días. Nos arredores da Capela da O atópanse a ponte de Chao e os muíños de Perfecto e Chao.

Igrexa de San Lourenzo de Doso:: unha vistosa bóveda de canón, do século XVI, recibe o visitante nesta igrexa vella de San Lourenzo. Actualmente está medio ruinosa, pero elementos coma súa Torre do Campanario manteñen a beleza deste modelo de igrexa parroquial galega.

Piscifactoría:: abandoada fai anos, a piscifactoría que se construíu xunto aos desaparecidos muíños de Fabián, forma unha presa dunha beleza sobrecolledora.

Presa do Rei:: grandes árbores deitadas sobre a auga e corzos abeberando nas ribeiras do río Xuvia. Xunto a esta paisaxe, a presa ofrece fermosas fervenzas, creadas no discorrer do río Grande cara á ría de Xuvia. A Presa do Rei foi construída en tempos de Afonso XIII, para fornecerlle enerxía á Real Fábrica de moeda de Xuvia, e actualmente é un dous lugares máis emblemáticos para os camiñantes que visitan Narón.

Muíño de Xuvia:: en 1858 era o principal muíño do país en capacidade de producción na súa clase. Recibía o trigo en barcos do Báltico, de América e de Santander. Pero non acabou aí a súa contribución á economía da zona, e anos máis tarde este muíño fariñeiro chegou a mover unha fábrica de papel, unha de tecidos e unha de laminados de cobre. A posterior perda da súa importancia económica non lle restou nin un ápice da súa beleza, reflectida nunha fermosa presa, recollida por un paseo de magnolios. A poucos metros desta fermosa estampa atópase o desaugadoiro do río Xuvia na ponte dos Andrade, que serve como liña estremeira dos concellos de Narón e Neda.

Río Xubia
Río Xubia
Presa do Río Xubia
Presa do Río Xubia
Muíño das Aceas
Muíño das Aceas

POR ONDE IR

Un dos lugares, ou serie de lugares, naturais pintorescos de Narón o constitúe o río Xuvia, que nos seus últimos treitos se encaixa bordeando o Monte dos Ancos e se ensancha ó cegar á Presa do Rei, que é a que abasteceu de auga á Real Fábrica de Noeda de Xivia. O percorrido ecoloxista pódese empezar nos Muiños de Perfecto, que están exactamente no límite dos municipios de San Sadurniño e Narón, e o recorrido ata a desembocadura do río pódese facer por camiños moi próximos á súa marxe dereita.

As fragas das ribeiras do Xuvia forman un acosistema único, alternando as zonas de val, coma as húmedas marismas de Chao de Doso e Pedroso, cos tritos encaixonados como na Presa do Rei. Non só se recrea a vista na variedade de verdes e azuis que se reflicten nas súas augas, senón que cada recantoé unha sorpresa, como o da presa dos antigos muiños de Fabián ou nas de Roda nos muiños de Gradaílle, ata acouga-lo seu curso en Borracáns e remansarse na presa do muiño de Ponte de Xuvia. Carballos, castiñeiros, avelairas, chopos, freixos, ameneiros, salgueiros,, acacias e unha serie de arbustos entre flores silvestres, como a melisa e os fentos, forman unha flora variada e interminable. Nas marismas de Pedroso está localizado o liño algodonoso, especie en vías de extinción na Península. Capítulo á parte merece a variada fauna que pulula pola zona. Os corzos que pastan e beben á marxe do río. Os zorros e os xabaríns que baixan dende os montes da Pereiruga e unha enorme variedade de aves e animais acuáticos, sen contar insectos e bolboretas, forman unha lista imposible de completar.


VolverMapa


<<< Maio 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
 
 
Concello de Narón - Aviso legal