O día 23 de novembro celébrase o Día de Narón. Desde
1993 conmemórase nesta data a primeira acta oficial do ano 1837, na que
aparece o nome de Narón.
O Día de Narón é unha das moitas
datas que esparexen o calendario do concello de festas, tradicións
e outras actividades, nas que se mestura o espírito relixioso co ambiente
de lecer e co carácter comercial. Unha mostra son estas feiras, romarías
e festas patronais que se espallan polo municipio.
|