Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Desenvolvemento
 

Ao igual que ocorre co resto da comarca, a radiografía económica de Narón pasa de forma determinante polo auxe da construción naval nos anos 60 e 70, onde florece un denso tecido capilar de empresas auxiliares xurdidas ao abeiro dos grandes estaleiros.

O proceso de Narón é moi singular en Galicia. Á parte das cidades que superan os 50.000 habitantes, é moi difícil atopar un caso de desenvolvemento económico como o que viviu este Concello nos últimos 25 anos.

O crecente e puxante Narón dos nosos días, no que florece un denso tecido empresarial e tense creada unha magnífica infraestrutura tanto para a industria –cun dos dous maiores polígonos industriais de Galicia- como para os servizos, é de base recente. Sen ir máis lonxe, o xigante Megasa, buque insignia da industria local, fundouse en 1954 e precisamente ao abeiro dos estaleiros. De igual modo naceron multitude de empresas auxiliares no ámbito do metal, construción, servizos ou enxeñería.



Así pois, non se pode disociar o despegue do Narón moderno da evolución no seu conxunto da comarca de Ferrolterra no momento na que esta se convertiu, xunto con Vigo, nunha das dúas áreas mais importantes da industrialización de Galicia.

Os listados empresariais publícanse encabezados sempre en solitario e a bastante distancia dos demais polo grupo Megasa. Por facturación anual, Polipropileno de Galicia (Poligal), é a segunda empresa de Narón. Varias decenas de empresas máis empregan a milleiros de traballadores en moi distintos sectores produtivos: téxtil, elaboración de estruturas de metal, ferraxería, distribución, elaboración de cemento, enerxías alternativas...



As empresas que máis facturan
Metalúrgica Galaica
Megasa Siderúrgica
Polipropileno de Galicia
Transportes Almacenes Transitarios
Megasider
Ferrolterra Móvil, S.A.
Tecnología y Montaje
Privilege Advanced Surface
Elaborados y Montajes
Sanesteban Castro
Transportes Ferrolanos Montero
Construcciones Pita Graña
Industrias y Talleres Franco
M. Pita Pena
Electro-Rayma, S.L.

<<< Decembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
25
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal