Benvidos e benvidas á páxina web municipal do Concello de Narón.
Nesta páxina atoparán información de interese sobre a propia administración local,
a corporación e os programas e proxectos impulsados a través desta oitava cidade de Galicia,
así como as novas relacionadas coa información municipal.
Nos últimos anos, co obxectivo de prestar unha maior atención á cidadanía, implantouse no Concello a Sede Electrónica,
a través da que se poden realizar múltiples xestións e tramitacións en liña e consultar diferentes procedementos municipais.
Este servizo complementa unha ferramenta na que a transparencia, a participación cidadá e a vocación de sevizo público
constitúen tres dos pilares desta web.
Ao mesmo tempo, a través desta páxina ofrécese información sobre a cidade e a súa historia, os tres polígonos industriais e tamén propostas
de ocio dirixidas a persoas de tódalas idades. Co fin de achegar a maior cantidade de servizos a todas as persoas que consulten esta páxina,
tamén se pode acceder ás webs do Padroado da Cultura, do Servizo Municipal de Deportes, de Turismo,
da Biblioteca municipal e doutras áreas municipais que nun determinado momento desexen consultar
todas aquelas persoas que se dirixan á web do Concello de Narón, ofrecendo dende aí unha completa información sobre áreas específicas.
A maiores, o Concello dispón tamén dunha páxina de Facebook Concello de Narón- e dunha canle de Whatshapp ?Novas Narón-
a través das que permanentemente se transmite información municipal e comunicacións de interese para a cidadanía.
É unha satisfacción para min, como alcaldesa de Narón, darlles a benvida a esta páxina web do Concello de Narón,
un servizo que lles animo a utilizar, así como o resto de ferramentas de participación cidadá e transparencia municipal para, entre todos e todas,
seguir construíndo o Narón do futuro, un Narón para todos e todas.
Quedan tamén convidados a visitar a oitava cidade de Galicia, donde sempre serán benvidos e benvidas.
|