Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Historia

3º DOMINACIÓN ROMANA

Como sucede en toda a Europa Celta, os castros tanto na Idade de Ferro como na dominación romana estiveron en mans de casas ( domi ) ou clans nobiliares á fronte de señores ( domini ) que exercían a xurisdición ( dominium ) sobre un amplo espazo demarcado (territorio segmentado autárquico ou xurisdicional) en torno a estes castros. Na Terra de Trasancos coñecemos polo menos 58 asentamentos deste tipo, 13 deles estiveron repartidos polas freguesías do Concello de Narón, que conserva 9 na actualidade, entre os que destacan: Eiravedra (Sedes), o castro máis fermoso e máis visible do Concello; o castro de Vilasuso (O Val) nun contexto rico en folclore, e o castro de Pereiruga, prominente e esgrevio sobre o val de Pedroso, como se desprende da configuración das súas defensas un dos máis arcaicos castros de Trasancos; e os impresionantes restos do triplo sistema defensivo do castro do Couto (Petouzal) que ilustran esplendidamente no noso concello este período da Idade do Ferro.

Restos tempranos de contacto con el mundo romano los constituyen los trozos de vasijas de paredes finas del "cuncheiro" de Lóngaras (A Gándara), datadas entre los siglos I a.C. e I d.C. que parecen señalar el final de una etapa de larga relación comercial con el Mediterraneo en el que los intermediarios gaditanos fueron protagonistas por mucho tiempo.

Se ben durante a dominación romana non se creou ningún centro urbano en Trasancos, aparece xunto ao hábitat castrexo unha nova forma de ocupación do territorio nos momentos finais do Baixo Imperio: a Villa, fóra do recinto fortificado en torno aos vales e terras fértiles.

Se trata de unos tipos de pazo, en realidad dos tipos de pazos y bien distintos en su apariencia de los anteriores modelos de asentamiento castreños, pero al mismo tiempo desempeñan las mismas funciones económicas y político administrativas que antes desempeñaban los castros, reciben los dos nuevos centros administrativos el nombre de "villae", ambos ocupan y heredan el mismo espacio que antes tenia el castro, son pues pequeñas jurisdicciones al frente de un provincial, no un provinciano, o de un noble local, y al mismo tiempo también son centros receptores de rentas de los campesinos que en el interior de la villa trabajan las tierras del señor.

As Villae ou pazos do Baixo Imperio teñen dúas formas arquitectónicas de expresarse. No primeiro caso, do que temos indicios en Quintá (O Val) e a Hermida (Pedroso) trátase duns verdadeiros pazos feitos ao estilo romano, contaban con todos os adiantos da tecnoloxía romana: calefacción, patios porticados, tullas, etc.; mentres que continuándose a tradición construtiva indíxena no segundo modelo de edificios chamados villae, estes non perdían o carácter de castronelas, castros diminutos ou pequenas granxas defendidas dos señores do lugar dos que posiblemente poidamos ter un exemplo no Val fronte á Pena Lopesa.

Volver


<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal