Galego
Entrada a Naronmail
 
Bienvenida del Alcalde
 
Ayuntamiento Online
 
Contacto
 
Agenda
 
Organización Municipal
 
Ordenanzas
 
Heráldica
 
Teléfonos del Ayuntamiento
 
Otros teléfonos de interés
 
Enlaces de Interés
 
Directorio de Personal
 
Plan General (P.X.O.U.M.)
 
Servicios Sociocomunitarios
 
Servicios Municipales
 
Presupuestos 2010
 
Personal - Oposiciones
 
Concursos
 
Reglamento de participación ciudadana
 
Entidade de conservación de Río do Pozo
 
Servicio de normalización lingüística
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Bienvenida del Alcalde
 
Jose Manuel Blanco Suárez
Jose Manuel Blanco Suárez

Narón é un concello que conta con historia propia, cunha identidade que o fai singular, e que nos une a todos os que nacimos, vivimos e convivimos en Narón. Somos unha realidade social emerxente. Proba delo é que nas últimas décadas témonos convertido no motor industrial da Terra de Trasancos, no mascarón de proa da diversificación económica desta comarca. Con máis de 37.000 habitantes, Narón é hoxe a cuarta cidade da provincia coruñesa, e o oitavo concello de Galicia, un dos municipios Galegos que experimenta un maior crecemento poboacional.

Nos últimos vintecinco anos, Narón se ten convertido nun concello próspero, xerando emprego e riqueza para todos, xerando servicios e benestar para os nosos veciños e veciñas. Froito dese proceso de crecemento Narón transformouse nun concello acolledor, e por iso son moitas as novas familias que se asentan neste municipio para botar raíces aquí.

Narón é unha realidade diversa, conformada polo seu patrimonio natural e histórico, a súa paisaxe, a súa cultura, e sobre todo as súas xentes, a súa sociedade civil. Esa é a gran riqueza deste concello. Contamos con tódalas ferramentas necesarias para facer unha cidade nova e puxante, con parques empresariais, infraestructuras, zonas verdes e servicios, entre eles a futura administración electrónica.

Dende estas liñas quero aproveitar para saudar a tódolos naroneses e naronesas, e comprometerme a seguir mellorando a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Convídovos tamén a empregar tódalas posibilidades que Internet ofrece, coma a nosa páxina web onde iremos ofrecendo tódala información de interese para os habitantes de Narón.

Recibide unha calurosa aperta.


Jose Manuel Blanco Suárez
Alcalde de Narón

El tiempo

nublado
próximos días

Farmacias

 Horarios

<<< 2010 >>>

LMMJVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

   
 
Concello de Narón - Aviso legal