UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ OPERATIVA ESTE VENRES NO BARRIO DE XUVIA
O vehículo estacionará nas inmediacións do xulgado de paz e estará operativo en horario de tarde
Narón, 24 de abril de 2024. Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este venres, día 26, na cidade. O vehículo permanecerá estacionado nas inmediacións do edificio do xulgado de paz, en Xuvia, e permanecerá operativo en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas, tal e como indicaron dende ADOS.
As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e se van despois de xantar ao mediodía, terán que esperar dúas horas para poder facelo. Así mesmo, será preciso levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. Para consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles pódese chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.