O PADROADO DA CULTURA E A SOCIEDADE CULTURAL AREOSA ORGANIZAN O "VI EFSTIVAL DE COROS DE NARÓN"
O evento, con entrada de balde, desenvolverase este domingo no Auditorio municipal
Narón, 19 de abril de 2024. O Padroado da Cultura de Narón e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, organizan a sexta edición do Festival de coros de Narón, que terá lugar este sábado, día 20, no Auditorio municipal, na Praza de Galicia. A convocatoria dará comezo ás 17:30 horas, e na mesma, tal e como indicaron dende a organización, actuarán a Coral Polifónica de Tapia de Casariego (Asturias); a Coral de Baredo, de Baiona (Pontevedra); a Coral Polifónica de Chantada (Lugo) e a Coral Areosa (Narón).
A entrada a este evento musical é de balde, tal e como indicaron dende a organización.