Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A COOPERATIVA AGROFLOR ESTABLECERÁN LIÑAS DE COLABORACIÓN PARA POÑER EN VALOR AS OPORTUNIDADES QUE OFRECE O SECTOR
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e as edís de Promoción Económica, Olga Ameneiro, e Formación, Natalia Hermida, reuníronse esta mañá no Concello con María José Manivesa e Fran Pico, presidenta e técnico, respectivamente, da cooperativa Agroflor
Narón, 7 de mayo de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e as edís de Promoción Económica, Olga Ameneiro, e Formación, Natalia Hermida, reuníronse esta mañá no Concello con María José Manivesa e Fran Pico, presidenta e técnico, respectivamente, da cooperativa Agroflor, asentada no polígono da Gándara, en Narón. O obxectivo deste encontro foi o de establecer unha serie de liñas estratéxicas encamiñadas e dar a coñecer as posibilidades que ofrece o sector, que precisa na zona dun relevo xeracional, tal e como indicaron. A presidenta de Agroflor explicou que “queremos dar a coñecer as oportunidades que ofrecemos no sector para iniciar un novo proxecto agrario a través do noso acompañamento, tanto na liña da produción como na da comercialización de planta, horta e flor”. Nesa mesma liña, o técnico da empresa apuntou que o sector “é un dos que ten máis futuro e que urxe un relevo xeracional, porque a xente de máis idade estase xubilando”. A cooperativa Agroflor é a única de flor en toda Galicia que mantén a súa actividade dende a súa fundación, no ano 1985. Tal e como apuntou Manivesa, agrupa actualmente a unha trintena de socios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e tamén doutros concellos como os de Paderne e Irixoa, e conta cunha ducia de traballadores. A rexedora local e as edís naronesas conversaron cos representantes de Agroflor para intercambiar impresións sobre o sector, tanto no que respecta á súa situación actual como á súa proxección de futuro. Nesa liña, dende ambas partes ofreceron a máxima colaboración para tratar de reforzar o traballo que se realiza no sector, “apostando polo produto de proximidade, o comercio local e o asentamento de poboación na zona, onde amplos espazos de terreo poderían quedar baleiros, lamentablemente, pola falta dese relevo xeracional”, explicou Ferreiro.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal