Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO "A MAXIA DE EUROPA", CON PEDRO BUGARÍN
A convocatoria desenvolverase o vindeiro 15 de maio a partir das 18:00 horas, tal e como avanzou a edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro
Narón, 10 de maio de 2024. A Biblioteca municipal acollerá o vindeiro 15 de maio, ás 18:00 horas, o espectáculo “A maxia de Europa”, unha iniciativa promovida por Europe Direct en colaboración co Concello de Narón. A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, explicou que se trata dunha proposta dirixida a poboación moza e público en xeral e que para poder asistir é preciso reservar praza previamente na Biblioteca de xeito presencial ou chamando ao número de teléfono: 981 382 173. O obxectivo da actividade, programada con motivo do Día de Europa, que se conmemorou onte, é compartir os valores que representa a Unión Europea e dar a coñecer os seus símbolos máis representativos, así como as oportunidades que representa a cidadanía europea. O espectáculo terá unha duración de case unha hora, un tempo no que se ofrecerá de xeito máxico, sinxelo e visual coñecer os símbolos e valores europeos a través dun espectáculo de maxia a cargo do mago Pedro Bugarín.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal