Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO CURSO SOBRE "XESTIÓN DE REDES SOCIAIS CON CANVA E CHATGPT"
A formación é de balde e impartirase do 2 de maio ao 28 de xuño, tal e como recordou o edil de Novas Tencoloxías, Román Romero
Narón, 24 de abril de 2024. As persoas interesadas en realizar o curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT” disponen aínda dalgunhas vacantes para poder inscribirse, de balde. A convocatoria realízase a través da plataforma Cemit, polo que se impartirá na Aula Cemit de Xuvia, tal e como recordou o edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero. Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, ambos incluídos. Os módulos que se abordarán neste curso serán sobre: conceptos básicos da xestión de redes sociais; creación de contido social; abreviacións de enlaces; principiantes en redes sociais; comunicación social e xestión de redes sociais. As inscricións poden realizarse no enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45493. Poderán participar un máximo de 12 persoas, coas que se completa o aforo da Aula Cemit de Xuvia.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal